Documento sin título
Pecadiñorixinal
Ana Cibeira
No need to marry to love you, diche Betty Page axeonllada disimula o temor sobre
o calcañar sete centímetros embaixo da tapiña suxa desexa
cravarse o tacón na puntiña no cu negro o cabelo de coiro pero
sen remaches prateados os brazos pintados co o escuro esmalte brillante dunha
segunda pel enrugada sobre todo por donde pasa esa vea tan importante para o
cabalo e mailas enfermeiras e tamén no antebrazo dereito ó dobrarlo
coa finalidade de soster como sostén algo así coma un fular de
pura pluma de anxo boxeador lixero ceo azul detrás dos enormes peitos
con moita delicadeza a man non se lle ve resgardada baixo a teta zurda prémea
e volve separala só un pouquiño un pouquiño por ver se
aínda sinte os latexos abombados na canción explota explota o
meu corazón polo desexo ou pola coca esta noite Betty Page son e afundo
coma picadores de xeo agullas acibeche na carne rosada alegre quente e insolente
por primeira vez confío nestas medias de rede de cabareteira dí
mamá un eufemismo porque non lle gusta que soamente me cobran media coxa
sobre o papo da perna ou mazá de eva ou adán porque aínda
non temos claras ti e máis eu as funcións da extremidade inferior
alaranxada ardente e insolente que desprazo con tino baixo as lustrosas unllas
do polgar e índice estáticos húmidos case como a pel dun
animal viscoso o dunhas longuísimas botas altas de pitón de Gucci
por exemplo aínda que foi Gaultier o que lle copiou a Betty os suxeitadores
da cor dos pecados do travesti que son con lingua de serpe coa que pecarei quero
dicir picarei a este mundo fríxido do que só me importa a cálida
insignia roxa do valor que é como chama Man Ray ó rouge beizo
carmín en galego do que tanto dista teu catre campeón home oitentaecinco
ou si as temos claras porque esas son as ereccións que che desaproveito
sen querer querendo perdón xa cho dixen e non debería pero pídocho
polo gato ladrón que es ti e non mamá pretende manterme con froitos
bos para comer de árbores placenteiras visualmente máis eu sufro
doutros intensos e ineludibles adoecementos e penso que nin sexo nin futuro
hai sen Disciplina Disciplina Disciplina por iso vou se-la Señorita Page
esta noite haberá un roubo cen por cen á avoa sadomaso de Madonna
copieille o look media melena que xusto roza o pendente que alí también
chega estala por sorpresa como a nosa gorxa partida en dúas nesta guerra
outonal orgásmica festa caída das dúas primeiras follas
que se nos prohibira porque no amor todo é empezar, vamos, susurr@...