Janaina

 Nana Coromoto  



Janaina

ben escuro
todo brillo exacto
dunha beleza viva
tal caída e xeada
entregada fervenza


reflexo na boca
pétalo en chamas
feridas pola prata
dura arma branca
ou coitelo mordido


desalando atravesa
a froita tola boca
capilar en pálpebras
de comisuras carmín
o ramo pantasma




Seguinte      Anterior

 

(Podedes enviar textos ou imaxes a: andaina@andainamulleres.org)

Un espacio aberto as vosas creacións...