Fruta Loca

 nana coromoto  



favoritaOla,

            Envíovos outra colaboración para o apartado aberto ás nosas creacións.

Esta vez son tres imaxes que ilustran o novo proxecto no que estou traballando. Chámase “Fruta Loca”, é unha proposta de cen fotomontaxes para ser proxectadas con música repetitivamente. Espero poder sacalo á luz pronto, pero mentres, esta primicia para vosoutras.

Adxunto ás imaxes unha reseña de presentación da serie, escrita por Belinda Sobrado, a miña colaboradora inseparable, xuntas formamos o equipo artístico “príncipa”, dedicándonos á creación e difusión das artes visuais e da literatura dende un punto de vista interdisciplinar. Agora mesmo preparamos a edición do primeiro número da revista homónima que pretendemos que se converta na plataforma estable onde ubicar o noso traballo e difundir e analizar as achegas artísticas contemporáneas máis interesantes. O que máis nos está custando é atopar financiamento, por iso se sabedes de algún proxecto público ou privado que subvencione este tipo de iniciativas, non dubidedes en informarnos.

Moitísimas gracias por todo,

Espero seguir en contacto convosco, unha aperta forte,

nana

 

ganas

             "É Fruta Loca unha fotomontaxe de cen bocas ou recortes que queren ser símbolos-pezas dun puzzle-xogo no que as imaxes levan directamente a unha percepción fragmentada do corpo, onde estas son principio, núcleo e desenlace (a referencia á estructura do discurso literario non é gratuíta) dun todo que se nos ofrece como parte.

            Estas imaxes caracterízanse, ademais de pola súa beleza estética, polas connotacións sexuais evidentes, subliñadas polos títulos dados.

A artista sérvese de bocas ou fragmentos -incluída a súa propia-, dun anaco de corpo con capacidade (ao igual que o corazón e o sexo -sempre identificados coa boca-, órganos principais de actuación e comportamento) para dicir- non dicir, escribir- non escribir… para actuar ou non.

            Se facemos uso da nosa voz para nos comunicar e identificarnos, estas cen bocas exercen este dereito a través duns títulos que berran nun tento non só de se definir , senón de chamar a atención (mesmo o mais persoal é político) sobre unha realidade na que a instrumentalización pornográfica do corpo feminino normalizouse de tal maneira que nos resultaría difícil recoñecelo  senón é a través deste tipgomao de representacións manipuladas.

            Deste modo, a obra realiza unha crítica contra esa mediatización, pero sen esquecer a dimensión lúdica que nos propón: gozar ollando e xogando.

Bocas-voces as da autora que se buscan atravesadas de pracer.

 

                                                                                             

                                                       Belinda Sobrado Díaz".

 

 



Seguinte      Anterior

 

(Podedes enviar textos ou imaxes a: andaina@andainamulleres.org)

Un espacio aberto as vosas creacións...