... Primeiro foi a presentación ...

.

Exito de crítica e público

E logo os viños e a festa...

 

¡Bravo pola presentadora!



E polas Djs...



E por todas...




25 anos de Andaina


O 16 de maio de 2008 celebramos, por todo o alto, os 25 anos desta revista. Escollemos esta data, véspera do Día das Letras Galegas, porque nos pareceu que era unha boa homenaxe a nosa lingua o feito de que unha revista galega e feminista leve tantos anos na rúa. Algo difícil de entender cando hai moitas publicacións que pecharon durante este tempo, cando case non contamos con publicidade e cando a distribución é case toda a través das subscricións e o boca a boca.
Pero se foi, e é posible, sacala é porque detrás dela hai un nutrido grupo de mulleres convencidas de que o esforzo merece a pena.
E con moitas ganas de celebralo, comezamos na galería Sargadelos de Santiago coa presentación dun número especial no que recollemos en edición facsímile unha escolma de artigos, portadas e contracapas deste cuarto de século de Andaina. Alí nos xuntamos moitas das que contribuímos a facela posible, mulleres que escribiron, e que escriben, que nos animan, que buscan novas subscricións ou que nos aportan un apoio económico que tamén é de agradecer.
A presentación deste número especial correu a cargo de tres mulleres que representaban a tres xeneracións de Andaina, primeiro Ana Arellano falou dos inicios, das promotoras e dalgúns temas e debates que se abordaron na revista durante este tempo e da posición que se defende desde Andaina, nalgúns casos, crítica coas manifestacións que se fan desde os medios ou desde parte do feminismo organizado.
Despois Lorena López, unha das últimas subscritoras, ela falounos da súa visión como muller nova que se achega á lectura de Andaina. Convencida do interese que ten unha revista coma esta para dar testemuña e ampliar os puntos de vista nos debates feministas, manifestouse tamén gratamente sorprendida e interesada pola información que se obtén ao revisar as denuncias e comentos ou as editoriais da revista, sobre as preocupacións puntuais e as actividades feministas ao longo destes vinte e cinco anos.
Por último Laura Gómez detívose máis no aspecto formal, cun repaso ás capas e contracapas da revista mostrou como evoluiu tamén na súa estética, desde os primeiros números tirados case de forma artesanal ata o formato de hoxe cun deseño áxil e coidado que a fai amena e fácil de ler.
E despois de saudarnos e darnos bicos as amigas de tantos, ou de menos, anos, fomos celebralo cuns viños e pinchos na Borriquita, paso previo para a festa que se preparaba na Sala Galán.
Alí nos deleitamos con a actuación de Corpos Reflexivos, acción performativa de BStudio Danza, a quen aplaudimos a rabiar e logo dun descanso para visitar el ambigú volvemos para continuar a festa co sorriso pícaro do cabaré de Lilí Berlín.
E como traca final a brillante actuación dunhas Djs, que se encargaron de que todas e todos os presentes moveramos o esqueleto.