Data:  2009-11-22 Tema:  cultura Orixe:  andaina
Documento sin título

"Bloqueo" de Margherita Morello gaña o Premio Mufest

A cinta Bloqueo de Margherita Morello conseguiu o primeiro premio do Mufest, o Festival de Cine feito por Mulleres, que organizou a Asociación Andaina de Mulleres en colabroación co Concello de Compostela.

O segundo premio do certame, que se celebrou os días 20, 21 e 22 de novembro no Auditorio de Galicia tras dous días de exhibición de cintas fóra de concurso, recaeu nunha das directoras galegas emerxentes, Claudia Brenlle por "Bata por fóra, muller por dentro"

Por último, o xurado formado por Agar Ledo, Nerea Unzueta, Marta Piñeiro, Llerena Perozo e Iria Vázquez, outorgou o terceiro premio a "5 recuerdos", das directoras vascas Oriana Alcaine e Alejandra Márquez.

Debido ao nivel e calidade das obras recibidas, con 42 cintas a concurso, o xurado decidiu outorgar dúas mencións especiais ás obras "Deconstruction of Memory", de Ramona Rodríguez e "Tómate o teu tempo" de Sabela Pernas.

O festival amosou, ademais, os traballos de cineastas galegas como Margarita Ledo, Almudena Carracedo, Uqui Permui e Xoán Anleo, Susana Rei, Peque Varela e María Ruído.

Data:  0000-00-00 Tema:  cultura Orixe:  andaina
sen noticias deste tema, procura outro

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios