| En contra da utilización ideolóxica dos feitos científicos
Mentres o Goberno preparaba o borrador da lei do aborto, un grupo denotado de
científicos antiabortistas fixo público o Manifesto de Madrid
«En defensa da vida humana na súa etapa inicial».
O manifesto, asinado por científicos, pretende coar posicións
ideolóxicas como conceptos científicos probados.
En resposta, outro grupo tamén denotado de científicos promoven
a carta que aquí reproducimos.
As persoas abaixo asinantes investigadores científicos, subscribimos
o presente manifesto para saír ao paso da crecente utilización
ideolóxica e partidista da ciencia e a investigación científica
en relación ao debate suscitado en torno ao anteproxecto de lei de interrupción
voluntaria do embarazo.
Os datos científicos dispoñibles sobre as etapas do desenvolvemento
embrionario son feitos obxectivables, cuxa interpretación e difusión
deberían estar exentas de influenzas ideolóxicas ou crenzas relixiosas.
Por iso, denunciamos o reiterado uso do termo científico ao se referir
a opinións sobre as que nin a Xenética, nin a Bioloxía
Celular nin a Embrioloxía teñen argumentos decisorios. O momento
en que pode considerarse humano un ser non pode establecerse mediante criterios
científicos; o coñecemento científico pode clarificar características
funcionais determinadas, pero non pode afirmar ou negar se esas características
confiren ao embrión a condición de ser humano, tal e como se aplica
aos individuos desenvoltos da especie humana. Isto entra no ámbito das
crenzas persoais, ideolóxicas ou relixiosas.
Os científicos, como o resto dos cidadáns, temos a liberdade de
adoptar en función das nosas ideas e crenzas, posturas persoais fronte
a calquera iniciativa lexislativa, que haberá de ser finalmente aprobada
polo Parlamento da nación, pero consideramos importante evitar que se
confunda á sociedade, contaminando problemas de carácter social,
e polo tanto de convivencia, con argumentos aos que a ciencia non outorga lexitimidade.
(Por orde alfabética)
Jesús Ávila, profesor de Investigación do CSIC. Premio
Nacional de Investigación
Carlos Belmonte, catedrático de Fisioloxía. Premio Nacional de
Medicina
José Borrell, profesor de Investigación do CSIC. Ex director do
Instituto Cajal
Amparo Cano, catedrática de Bioquímica
Roberto Gallego, catedrático de Fisioloxía, presidente da Sociedad
Española de Neurociencias
Elena Hernández Sandoica, catedrática de Historia. Ex vicerrectora
da UCM
Fernando Hiraldo, profesor de Investigación do CSIC. Director da Estación
Biológica de Doñana
Vicente Larraga, profesor de Investigación do CSIC. Director do Centro
de Investigaciones Biológicas
Juan Lerma, profesor de Investigación do CSIC. Director do Instituto
de Neurociencias
Carlos López-Otín, catedrático de Bioquímica. Premio
Nacional de Investigación
Ginés Morata, profesor de Investigación do CSIC. Premio Príncipe
de Asturias
Federico Mayor Menéndez, catedrático de Bioquímica
M. Ángela Nieto, profesora de Investigación do CSIC. Premio Cobos
de Investigación Biomédica
José Luis Peset, profesor de Investigación do CSIC.
Pere Puigdomenech, profesor de Investigación do CSIC. Membro do Comité
de Bioética del CSIC
Jaime Renart, investigador científico do CSIC
Jesús Sebastián, investigador científico do CSIC
Xoves, 21 de maio de 2009, ás 21:23 h
Ata ese momento uníronse a este comunicado 1981 persoas.
|
Na parede xunto á porta do vello cárcere de Huelva, o domingo 19
de xuño, Mercedes Gallizo, directora xeral de Institucións Penitenciarias,
descubriu unha cartela que dicía así:
«Para unha xeración de españois, este establecemento penitenciario
foi símbolo de castigo e exclusión social para quen decidiu exercer
a súa liberdade e desenvolver unha orientación afectiva diferente.
Quede esta placa como reparación da sociedade democrática a unha
inxustiza histórica en lembranza de homosexuais que foron encarcerados
e como compromiso de que ningunha outra xeración terá que pasar
por nada semellante».
No acto, promovido pola Asociación de Presos Sociais, lembráronse
as leis de Perigosidade Social e a de Vagos e Maleantes que permitiron o encerramento
e tratamento re-educativo de homosexuais, como recordaron Trinidad Martín,
transexual ingresado neste cárcere en 1973 ou Antonio Gutiérrez
quen dixo «As feridas non cicatrizan nunca. Estas cousas crávanse
no corazón para sempre...».
Daquelas, tamén algúns psiquiatras se especializaron na recuperación
de homosexuais con electrochoques incluídos, como ben conta Fernando
OLMEDA no libro El látigo y la pluma.
|