| Data: 2006-08-01 | Tema: violencia | Orixe: mujeres en red |
| Chamamento das mulleres á solidariedade internacional Ás Mulleres do Planeta, Ás Donantes da Vida O noso país, o Líbano, sofre unha agresión salvaxe por parte das tropas israelís. O Líbano está sometido a lume e sangre. Decenas de familias sucumbiron ou atópanse actualmente sen teito. Nenos, rapazas e rapaces de baixa idade seguen estando, xunto aos seus pais, baixo os escombros das súas casas. Os bombardeos estragaron decenas de pontes, estradas e centrais eléctricas. As pistas de aterraxe do aeroporto de Beirut (Aeroporto Rafia Hariri) están estragadas. Os lugares de culto así como as escolas e as permanencias de televisión son o branco dos bombardeos. Os xornalistas e os reporteiros están a ser atacados. Israel segue adiante coa súa escalada e ataca á povoazón civil libanesa por todos os lados: os seus avións sulcan o noso ceo e as súas naves de guerra as nosas augas territoriais. O goberno israelí, que extermina aos palestinos en Gaza e en Cisxordania, querían, digamos, acabar con toda a povoazón civil da rexión: xa non se contentan con ocupar unha parte do noso territorio e de deter aos nosos cidadáns, como a Samir Qantar, detido desde fai 28 anos, querían masacraranos e estragar o noso país, baixo os ollos dos dirixentes do mundo que, baixo a éxida dos Estados Unidos, atopan normal que o goberno israelí recorra á violencia nos territorios palestinos ocupados e no Líbano. Mulleres e mais do Planeta Esperamos que a vosa solidariedade cos nosos fillos axudará a pór fin a esta salvaxe agresión. Manifestade a vosa repulsa á guerra de exterminación que se practica contra os libaneses e os palestinos. Decide “Non” aos novos señores da guerra en Israel, “Si” á paz xusta, á liberación de todos os detidos e de todos os territorios libaneses e árabes. Pedide aos vosos gobernantes unha postura mais asine fronte á política de agresión exercida por Israel e os Estados Unidos. Beirut 13 de xullo de 2006 Liga dos dereitos da muller no Líbano llwr@terra.net.lb |
||
| Data: 2005-11-05 | Tema: violencia | Orixe: Amnistia Internacional |
|
As mulleres estranxeiras indocumentadas vítimas de violencia de xénero atópanse expostas a distincións arbitrarias, dificultando que este colectivo presente denuncias contra os seus agresores; excluílas do acceso a axudas económicas por carecer de permiso de residencia; denegarllas o acceso ás prazas dos centros de acollida e enviarllas a recursos sociais non especializados en violencia de xénero. En definitiva, para Amnistía Internacional o Estado non cumpre coa súa obriga de protexer os dereitos humanos de todas as mulleres vítimas de violencia de xénero, e contribúe á discriminación daquelas que están nunha situación de “irregularidade”. Instrución 14/2005: discriminación A Instrución ordena aos axentes que, unha vez realizadas as actuacións dirixidas a informar e atender á vítima de violencia de xénero, acrediten a situación administrativa na que se atopa, e no caso de que a súa situación sexa “irregular” inicien as actuacións, que poden derivar nunha sanción administrativa ou mesmo nun expediente de expulsión. A Instrución tamén estabelece que se debe informar de como suspender o procedemento de expulsión e obter un permiso de residencia por motivos excepcionais. Esta vía de regularización require que a muller induza unha denuncia, solicite e obteña unha orde de protección, e unha sentenza positiva que condene ao agresor. O efecto Invisíbeis Sen axudas, sen recursos Recomendacións |
||
| Data: 0000-00-00 | Tema: violencia | Orixe: andaina |
| Sen máis noticias deste tema, procura outro | ||

Ver outros temas:
| cultura |
| ensino |
| prostitución |
| saúde |
| sexualidade |
| traballo |
| violencia |
| varios |