Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2011-03-10 Tema:  sexualidade Orixe:  Red Feminista por una Universidad Pública y Laica
Documento sin título
O pasado xoves 10 de Marzo, un grupo de feministas realizou unha acción que consistiu en ir en procesión até a capela de Somosaguas simbolizando o papel submiso que se lle outorga á muller desde a igrexa, que atravesa a nosa cultura occidental, aínda sen ser crentes. O feito de que o pano morado estivese presente na súa acción foi unha maneira mais de a reivindicar como feminista. Ao chegar á capela o grupo entrou de forma non violenta, sen atacar ás persoas que se encontraban no interior.

Alá fixeron un círculo de mulleres e/ou lesbianas e leron un comunicado no que se explicaba como a igrexa actúa como unha institución que promulga uns valores machistas e heteropatriarcais. A continuación citaron frases pertencentes a institucións e figuras relacionadas coa igrexa que sentencian e criminalizan os corpos. Tras a lectura, a maioría das que alá estaban decidiron espirse de cintura para en riba mostrando as mensaxes que tiñan escritos nos seus torsos, coa intención de reivindicar a reapropiación dos seus corpos e a identidade de cada unha. nese momento, entre lemas e consignas feministas, algunhas mulleres comezaron a beixarase visibilizando o lesbianismo.

Máis información : http://rqtr.blogspot.com/

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios