Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2011-03-01 Tema:  varios Orixe:  marcha mundial das mulleres
Documento sin título MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

Día Internacional das Mulleres
8 de marzo 2011


A Marcha Mundial das Mulleres fai un chamamento á cidadanía nesta época de crise, e a todas as organizacións sociais para unir forzas, lembrando que nestes tempos o feminismo é máis necesario:

• O camiño para saír da crise está na asunción dos valores feministas de igualdade, corresponsabilidade e paridade se cremos que é posíbel construír outro mundo a partir dun modelo autenticamente alternativo.

• A saída da crise ten que facerse, reivindicarse, e articularse tendo en conta as mulleres, e con visión e perspectiva de xénero.

Compostela 21 de febreiro de 2011


Os momentos de crise económica historicamente serviron para reforzar o patriarcado. Os recortes sociais, económicos e nos dereitos laborais sempre van acompañados dos recortes nos dereitos das mulleres e paralelamente dos ideais de xustiza e igualdade.

As sombras ameazadoras veñen con nome, crise económica e dereita populista, e teñen apelidos, neoliberalismo e patriarcado.

Reformas laborais, das pensións, recortes salariais, despidos masivos, privatizacións de servizos públicos, recortes de gastos sociais... súmanse a un desmantelamento, rápido e sen pausa, de todas aquelas estruturas que nas institucións estaban servindo para aplicar as políticas de igualdade (Ministerio, Servizo Galego de Igualdade, Centros de Información á Muller).

É por isto que nestes tempos o feminismo ten que combinar esforzos co resto das organizacións sociais, políticas, sindicais, ecoloxistas, relixiosas, veciñais e culturais... e estas co feminismo, para parar o desmantelamento dos dereitos de cidadanía das mulleres e frear os recortes sociais e laborais que limitan as nosas vidas e as das xeracións futuras.

A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar nos actos programados en Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Ourense polo Día Internacional das Mulleres baixo o lema:

“IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE
E PARIDADE
VALORES PARA OUTRO MUNDO POSÍBEL”

Comunicaçom Marcha Mundial das Mulheres: 698159764
Mais informaçom: http://www.feminismo.info/webgalego/


MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES
ACTOS PROGRAMADOS
DIA INTERNACIONAL DAS MULHERES 2011

Ferrolterra
6 de Março
domingo às 12:30 h.
Concentraçom no Cantom de Molins (Ferrol)

Ponte-Vedra
8 de Março
terça feira (martes) às 20:30 h.
Concentraçom-festa na Praça 8 de Março

Vigo
8 de Março
terça feira (martes) às 20:00 h.
Manifestaçom lúdico-festiva desde a Praça de Portugal

Compostela
11 Março Sexta feira (venres) de 16:30h a 20:00h
12 Março sábado de 10:30h a 14:00h
Obradoiro de Teatro da Oprimida
Na Gentalha do Pichel
Confirma a tua assistência –limite de praças-: marcha.compos@gmail.com

Ourense
18 de Março
Sexta feira (venres) às 20:00h
Acto na Praça Saco e Arce (zona histórica)

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios