Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2009-09-01 Tema:  sexualidade Orixe:  andaina52
En contra da utilización ideolóxica dos feitos científicos


Mentres o Goberno preparaba o borrador da lei do aborto, un grupo denotado de científicos antiabortistas fixo público o Manifesto de Madrid «En defensa da vida humana na súa etapa inicial».
O manifesto, asinado por científicos, pretende coar posicións ideolóxicas como conceptos científicos probados.
En resposta, outro grupo tamén denotado de científicos promoven a carta que aquí reproducimos.

As persoas abaixo asinantes investigadores científicos, subscribimos o presente manifesto para saír ao paso da crecente utilización ideolóxica e partidista da ciencia e a investigación científica en relación ao debate suscitado en torno ao anteproxecto de lei de interrupción voluntaria do embarazo.
Os datos científicos dispoñibles sobre as etapas do desenvolvemento embrionario son feitos obxectivables, cuxa interpretación e difusión deberían estar exentas de influenzas ideolóxicas ou crenzas relixiosas. Por iso, denunciamos o reiterado uso do termo científico ao se referir a opinións sobre as que nin a Xenética, nin a Bioloxía Celular nin a Embrioloxía teñen argumentos decisorios. O momento en que pode considerarse humano un ser non pode establecerse mediante criterios científicos; o coñecemento científico pode clarificar características funcionais determinadas, pero non pode afirmar ou negar se esas características confiren ao embrión a condición de ser humano, tal e como se aplica aos individuos desenvoltos da especie humana. Isto entra no ámbito das crenzas persoais, ideolóxicas ou relixiosas.
Os científicos, como o resto dos cidadáns, temos a liberdade de adoptar en función das nosas ideas e crenzas, posturas persoais fronte a calquera iniciativa lexislativa, que haberá de ser finalmente aprobada polo Parlamento da nación, pero consideramos importante evitar que se confunda á sociedade, contaminando problemas de carácter social, e polo tanto de convivencia, con argumentos aos que a ciencia non outorga lexitimidade.

(Por orde alfabética)
Jesús Ávila, profesor de Investigación do CSIC. Premio Nacional de Investigación
Carlos Belmonte, catedrático de Fisioloxía. Premio Nacional de Medicina
José Borrell, profesor de Investigación do CSIC. Ex director do Instituto Cajal
Amparo Cano, catedrática de Bioquímica
Roberto Gallego, catedrático de Fisioloxía, presidente da Sociedad Española de Neurociencias
Elena Hernández Sandoica, catedrática de Historia. Ex vicerrectora da UCM
Fernando Hiraldo, profesor de Investigación do CSIC. Director da Estación Biológica de Doñana
Vicente Larraga, profesor de Investigación do CSIC. Director do Centro de Investigaciones Biológicas
Juan Lerma, profesor de Investigación do CSIC. Director do Instituto de Neurociencias
Carlos López-Otín, catedrático de Bioquímica. Premio Nacional de Investigación
Ginés Morata, profesor de Investigación do CSIC. Premio Príncipe de Asturias
Federico Mayor Menéndez, catedrático de Bioquímica
M. Ángela Nieto, profesora de Investigación do CSIC. Premio Cobos de Investigación Biomédica
José Luis Peset, profesor de Investigación do CSIC.
Pere Puigdomenech, profesor de Investigación do CSIC. Membro do Comité de Bioética del CSIC
Jaime Renart, investigador científico do CSIC
Jesús Sebastián, investigador científico do CSIC
Xoves, 21 de maio de 2009, ás 21:23 h
Ata ese momento uníronse a este comunicado 1981 persoas.

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios