Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2009-06-01 Tema:  varios Orixe:  andaina 51
Documento sin título

Mulleres bispos

O Sínodo da Igrexa Anglicana aprobou na primeira semana de febreiro (68,8% dos votos) unhas medidas que abren a porta a reforma do Canon Anglicano, de xeito que as mulleres poidan ser bispos. Marca o comezo dunha nova fase. O grupo Mulleres na Igrexa (Watch) leva promovendo esta e outras reformas. Desde 1992 permite a muller ser sacerdote e xa se ordenaron máis de 2000 . Daquelas, uns cincocentos clérigos marcharon para a Igrexa católica, que non ten que soportar semellantes veleidades. Eles non estaban dispostos a aceptar a autoridade feminina. Non parece que agora vaia haber tantas desercións, aínda que Christina Rees do grupo Watch di que un 15% do clero oponse ao bispado feminino de xeito taxativo; en destaca os evanxélicos tradicionais que citan a San Pablo nunha carta a Timoteo: "Non permito á muller ensinar, nin exercer dominio sobre o home, só debe estar co silencio".
Aí... aí é xusto, onde se encontran coa Igrexa católica. o xefe desta igrexa estima que é moi relevante que Deus sexa varón, que se teña encarnado en ser humano varón e que isto é o que marca a liña.

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios