Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2009-01-01 Tema:  varios Orixe:  andiana 50
Os Nobel alternativos, preceden aos outros Nobel. A Fundación Right Livelihood Award decidiu outorgar o Nobel 2008 ao matrimonio indio composto por Krishnammal Jagannathan e o seu marido Sankaralingam, e a outras tres mulleres máis que traballan e loitan para mellorar o mundo:
Krishnammal Jagannathan é unha activista, cofundadora co seu marido da organización LAFTI, a prol da xustiza social na India. Ambos son seguidores de ideas de Gandhi. Levan máis de cincuenta anos loitando pola distribución da terra que agora reúnen nesa Organización Terra para a Liberdade dos Campesiños, que tamén promove industrias locais e facer fronte a moitos proxectos das multinacionais.
Mónica Hauser, unha xinecóloga suíza, filla de pais italianos, que leva máis de vinte e cinco anos vivindo en Alemaña. O seu traballo con mulleres vítimas de violacións en países en guerra ou crises bélicas mereceu a concesión deste premio. En 1992, cando a guerra de Bosnia, crearon Medica Mondiale. Desde entón traballaron con máis de
70 000 mulleres e nenas traumatizadas en Kosovo, Congo, Liberia, Afganistán…
Asha Hagi, unha activista somalí que xogou un importante papel na organización e participación das mulleres na loita contra a marxinación, a pobreza e a violencia. A organización creada en 1992 resultou importante para a participación das mulleres nas negociacións de paz no 2000.
Amy Goodman, a que premian por promover un modelo innovador de xornalismo político independente, co que se fan ouvir as voces normalmente excluídas dos medios convencionais. Fundadora e presentadora do programa Democracy Now xurdido en 1996 e emitido por unha estación de radio; hoxe en día retransmítese a través de 700 redes de radio e TV.

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios