Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2008-08-01 Tema:   Orixe:  andaina
VALER, VALEN MÁIS DE DÚAS

A eurodeputada dinamarquesa do grupo socialista, Christel Schaldemose presentou unha proposta de recollida de sinaturas a través da páxina de Internet www.femalesinfront.eu, co fin de denunciar a ausencia de mulleres nos postos de responsabilidade na Unión Europea. Este organismo que recomenda aos países membros que desenvolvan plans de igualdade, que redacten leis de igualdade e que fagan políticas paritarias, esquécese de cumprir as propias recomendacións. Nos próximos doce meses vanse elixir catro representantes: presidente? do Consello de Ministros da UE, presidente? da Comisión Europea, presidente? do Parlamento Europeo e un? representante para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade.
Quizais sexa o momento de que na foto haxa algunha muller máis.

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios