Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2008-08-01 Tema:  varios Orixe:  andaina 49
QUE PASA COA XENTE NOVA?

O Instituto da Xuventude publicou os resultados duns cuestionarios feitos á xente moza, entre 15 e 29 anos, cuns resultados que nos deberían preocupar. Aínda que hai un 43,6 % que opinan que é imprescindible ter un traballo remunerado para ser unha muller independente, un 26 % afirman que a maioría das mulleres prefire realmente crear unha familia e ter fillos. Tamén sorprende que un 49,4 % afirme que unha nai que traballe NON ten a mesma relación de calidade e estabilidade cos seus fillos que unha nai que non traballe.
A pesar das mensaxes sobre igualdade, a pesar da educación en aulas mixtas, aínda que distintas ONGs e asociacións percorran os centros escolares realizando talleres onde se fala de corresponsabilidade, onde se mostran outros modelos de masculinidade, cómpre actuar desde a base. Non se trata dun bombardeo de ideas sen máis, cando estamos vivindo nunha sociedade na que o machismo impera: un 20 % dos mozos di que o modelo ideal de familia é aquel no que a muller traballe menos horas ou non traballe para que se faga cargo da casa e dos fillos.

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios