Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2008-02-01 Tema:  varios Orixe:  andaina 48
Gabriele Pauli é unha muller de ideas avanzadas, economista, motorista, de 50 anos, dúas veces divorciada e militante da conservadora ?o máis á dereita do abano parlamentario alemán? Unión Social-cristiá de Baviera (CSU) desde hai trinta anos. Escandalizou a tirios e troianos coa súa proposta de que se limite o tempo do matrimonio a sete anos. Proposta útil, segundo ela, para evitar a hipocrisía de manter matrimonios sen amor e os trastornos dos divorcios.
Pódese imaxinar cómo se puxeron os dirixentes do seu propio partido. O primeiro ministro bávaro Beckstein recomendoulle «tratamento psiquiátrico». Ela non parece inmutarse moito polas críticas. A finais do 2006 censurou moi severamente o todopoderoso Stoiber, primeiro ministro bávaro e presidente da CSU. As súas críticas irritaron moito no Goberno e alguén tivo a idea de axexala para saber se levaba unha vida sexual promiscua, bebía moito ou calquera cousa que permitise desprestixiala. A espionaxe saíu á luz e Stoiber tivo que renunciar. Aos poucos días fotografouse con luvas de látex «cun toque de ama sadomasoquista».
É un esperpento moi simpático e con pingas grotescas. Que unha moi veterana militante do máis conservador partido daquelas terras faga tales propostas e actúe sen que lle importe nada a opinión e as críticas dos señores, mesmo os máis altos mandamáis do seu partido e da rexión bávara, é digno de comento.

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios