Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2007-05-01 Tema:   Orixe:  andaina 46
Festival de Cine Erótico de Barcelona 2007 vai ser o último ano do Festival de Cine Erótico de Barcelona en L’Hospitalet de Llobregat porque aprobaron en pleno municipal non renovar o contrato cos organizadores para o 2008.
Para os organizadores o veto supón outro episodio da dobre moral e cualifícano como un aceno de intolerancia e as actrices Bibian Norai e Claudia Carey, dúas das estrelas máis populares do porno español, séntense ofendidas.
«O Concello di que o festival trata á muller como un obxecto sexual. Paréceme un argumento moi machista. Estou neste negocio porque así o elixín. Non me parece denigrante amosar o sexo en directo», di Norai, e Claudia Carey di, «Síntome moi ofendida con acusacións deste tipo. É un estigma moi rancio».
Romá Gubern, pioneiro no e studo da pornografía e membro do xurado do festival di que «nos fai retroceder ao puritanismo da era Reagan. A legalización da pornografía é unha conquista que se dá en Occidente entre os anos setenta e oitenta do século pasado. No XIX era un luxo elitista e aristocrático. Coa cultura de masas, os ricos perderon ese privilexio. Agora que estaba democratizada, algúns teiman en volver atrás».
Durante os nove anos que o festival se fixo en L’Hospitalet recibiu críticas do Partido Popular e dalgunhas asociacións feministas (a pornografía, igual que a prostitución ten provocado no feminismo unha gran división). A moción presentada ao pleno do concello para trasladar o festival erótico foi unha iniciativa de Esquerra Republicana de Cataluña.

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios