Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2006-08-01 Tema:  violencia Orixe:  mujeres en red
Chamamento das mulleres á solidariedade internacional

Ás Mulleres do Planeta,
Ás Donantes da Vida

O noso país, o Líbano, sofre unha agresión salvaxe por parte das tropas israelís.
O Líbano está sometido a lume e sangre.
Decenas de familias sucumbiron ou atópanse actualmente sen teito.
Nenos, rapazas e rapaces de baixa idade seguen estando, xunto aos seus pais, baixo os escombros das súas casas.
Os bombardeos estragaron decenas de pontes, estradas e centrais eléctricas. As pistas de aterraxe do aeroporto de Beirut (Aeroporto Rafia Hariri) están estragadas. Os lugares de culto así como as escolas e as permanencias de televisión son o branco dos bombardeos. Os xornalistas e os reporteiros están a ser atacados.
Israel segue adiante coa súa escalada e ataca á povoazón civil libanesa por todos os lados: os seus avións sulcan o noso ceo e as súas naves de guerra as nosas augas territoriais.
O goberno israelí, que extermina aos palestinos en Gaza e en Cisxordania, querían, digamos, acabar con toda a povoazón civil da rexión: xa non se contentan con ocupar unha parte do noso territorio e de deter aos nosos cidadáns, como a Samir Qantar, detido desde fai 28 anos, querían masacraranos e estragar o noso país, baixo os ollos dos dirixentes do mundo que, baixo a éxida dos Estados Unidos, atopan normal que o goberno israelí recorra á violencia nos territorios palestinos ocupados e no Líbano.
Mulleres e mais do Planeta
Esperamos que a vosa solidariedade cos nosos fillos axudará a pór fin a esta salvaxe agresión.
Manifestade a vosa repulsa á guerra de exterminación que se practica contra os libaneses e os palestinos.
Decide “Non” aos novos señores da guerra en Israel, “Si” á paz xusta, á liberación de todos os detidos e de todos os territorios libaneses e árabes.
Pedide aos vosos gobernantes unha postura mais asine fronte á política de agresión exercida por Israel e os Estados Unidos.

Beirut 13 de xullo de 2006
Liga dos dereitos da muller no Líbano
llwr@terra.net.lb

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios