Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2006-01-01 Tema:  traballo Orixe:  andaina
O mercado mundial de roupa e calzado deportivo xera moitos millóns de dólares (en 2002: máis de 58.000).
Estes beneficios son posíbeis polas condicións laborais das persoas contratadas para este negocio, en situacións vulnerábeis e vítimas en moitos casos de abusos e de explotación bárbara.
Xornadas de até 16 horas diarias durante seis días á semana, baixos salarios vencellados ao destallo, os talleres onde cosen, cortan, pasan o ferro, etc. carecen de condicións básicas de seguridade e salubridade.
Tampouco poden afiliarse ou organizarse en sindicatos...
Os países máis afectados por esa situación son Bulgaria, Camboia, China, Indonesia, Turquía e Tailandia (seguro que se reparamos no lugar de fabricación deste tipo de prendas, estes terán maior presenza que outros).
A campaña que desenvolveron no 2004 «Xoga Limpo nas Olimpiadas», respaldada pola Confederación Internacional de Organizacións Sindicais Libres (CIOSL), Campaña Roupa Limpa e Oxfam Internacional, quixo pór todo isto de relevo e tracexar a meta de conseguir melloras laborais concretas nestes países antes de Beijin 2008.

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios