Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2005-11-05 Tema:  violencia Orixe:  Amnistia Internacional
Documento sin título Mais vulnerábeis, Mais desatendidas

As mulleres estranxeiras indocumentadas vítimas de violencia de xénero atópanse expostas a distincións arbitrarias, dificultando que este colectivo presente denuncias contra os seus agresores; excluílas do acceso a axudas económicas por carecer de permiso de residencia; denegarllas o acceso ás prazas dos centros de acollida e enviarllas a recursos sociais non especializados en violencia de xénero. En definitiva, para Amnistía Internacional o Estado non cumpre coa súa obriga de protexer os dereitos humanos de todas as mulleres vítimas de violencia de xénero, e contribúe á discriminación daquelas que están nunha situación de “irregularidade”.

Instrución 14/2005: discriminación
No marco do desenvolvemento da Lei Integral, o 29 de xullo de 2005 a Secretaría de Estado de Seguranza do Ministerio de Interior aprobou a Instrución 14/2005 sobre actuación de dependencias policiais en relazón con mulleres estranxeiras vítimas de violencia doméstica ou de xénero en situación administrativa irregular.

A Instrución ordena aos axentes que, unha vez realizadas as actuacións dirixidas a informar e atender á vítima de violencia de xénero, acrediten a situación administrativa na que se atopa, e no caso de que a súa situación sexa “irregular” inicien as actuacións, que poden derivar nunha sanción administrativa ou mesmo nun expediente de expulsión. A Instrución tamén estabelece que se debe informar de como suspender o procedemento de expulsión e obter un permiso de residencia por motivos excepcionais. Esta vía de regularización require que a muller induza unha denuncia, solicite e obteña unha orde de protección, e unha sentenza positiva que condene ao agresor.

O efecto

Invisíbeis
Das 55 mulleres asasinadas (até o 15 de novembro de 2005), segundo dados ofrecidos polos medios de comunicación, mais do 30% son estranxeiras. As inmigrantes indocumentadas vítimas de violencia son invisíbeis para a administración, porque non existen dados, sobre a situación administrativa das asasinadas, de cantas inmigrantes indocumentadas presentaron denuncia, se recibiron orde de protección ou obtiveron unha sentenza favorábel. Segundo o Consello Xeral do Poder Xudicial (estatísticas de outubro do 2005), o 24 por cento das ordes de protección solicitadas son denegadas.

Sen axudas, sen recursos
As vítimas de violencia de xénero indocumentadas (mesmo aquelas que obtiveran unha orde de protección) non teñen garantido o acceso aos recursos de acollida e néganselles as axudas económicas previstas para as vítimas de violencia de xénero, cuxa finalidade é potenciar a súa independencia económica en relación ao agresor.
É preocupante que o Goberno español non promovese a eliminación das disposicións legais e as prácticas administrativas que obstaculizan, e mesmo vetan, o acceso das inmigrantes indocumentadas vítimas de violencia de xénero ás axudas que previstas na Lei Integral.

Recomendacións
Amnistía Internacional pide ao Goberno español:
• Que elimine os obstáculos que impidan ás inmigrantes indocumentadas contar coa plena protección dos dereitos humanos ante a violencia de xénero.
• Que retire a Instrución 14/2005 da Secretaría de Estado de Seguranza e a substitúa por outra que garanta a protección efectiva dos dereitos humanos de todas as persoas, sen discriminación algunha en función de circunstancias como a situación administrativa de residencia; e que non se realicen actuacións sistemáticas de controlo e sanción das infraccións da Lei de estranxeiría cando asistan a unha vítima de violencia de xénero.
• Que asegure que o principio de non discriminación enunciado na Lei Integral sexa unha realidade e todas as mulleres, con independencia da súa situación administrativa, accedan a todos os recursos e axudas económicas previstos para as vítimas.
Amnistía Internacional pide aos gobernos autonómicos e locais:
• Que modifiquen a natureza xurídica das axudas económicas destinadas ás vítimas de violencia de xénero, de modo que prevaleza a condición de ser vítima en situación de dependencia económica, para recibir dita axuda.
Que eliminen calquera normativa ou práctica discriminatoria que impida o acceso a un centro ou recurso especializado a unha vítima, calquera que sexa a súa situación administrativa.

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios