Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2005-08-01 Tema:  varios Orixe:  andaina41
O nunca visto: os bispos españois están fondamente inquedos porque as vodas gais superan todo o vivido pola Igrexa católica en 2000 anos (sic)
As catacumbas de Nerón, a Revolución francesa, a perda dos Estados Pontificios... pouca cousa ao lado do excepcional momento que vive o catolicismo español a causa da legalización dos matrimonios entre homosexuais.
Excepcional si, moi por riba de:
? calquera dos episodios da Inquisición que extendeu os seus tentáculos por séculos e mesmo condenou á fogueira a moitísimos homosexuais;
? a expulsión de xudeus e musulmáns;
? o apoio incondicional e a activa participación da xerarquía do catolicismo español no levantamento militar do xeneral Franco en 1936 contribuíndo a unha guerra civil na que morreron centos e miles de persoas e os corenta anos de ditadura que lle sucederon;
? o silencio cómplice gardado pola xerarquía católica na tortura e asasinatos de homosexuais polo réxime nazi (por deixar agora a comunistas, socialistas, xudeus, xitanos e outros non afectos ao nazismo);
? a campaña en contra da abolición da lei que prohibía os matrimonios entre negros e brancos en Mississipi (lembremos o Ku-Klux-Klan),
? ou a participación no réxime de apartheid en Sudáfrica, por non continuar facendo listado.

Nada peor, desde logo, que a súa incapacidade para ocuparse só dos seus asuntos.
Pasa que perden poder, por iso están frenéticos e desenfreados desde que a sociedade, de vez en vez máis secularizada, non lles concede o poder de antano, nen tampouco as leis que lles outorgaron desde 1940 prebendas, canonxías, privilexios e beneficios sen tasa.

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios