Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2005-08-01 Tema:  sexualidade Orixe:  andaina 41
Na parede xunto á porta do vello cárcere de Huelva, o domingo 19 de xuño, Mercedes Gallizo, directora xeral de Institucións Penitenciarias, descubriu unha cartela que dicía así:
«Para unha xeración de españois, este establecemento penitenciario foi símbolo de castigo e exclusión social para quen decidiu exercer a súa liberdade e desenvolver unha orientación afectiva diferente. Quede esta placa como reparación da sociedade democrática a unha inxustiza histórica en lembranza de homosexuais que foron encarcerados e como compromiso de que ningunha outra xeración terá que pasar por nada semellante».

No acto, promovido pola Asociación de Presos Sociais, lembráronse as leis de Perigosidade Social e a de Vagos e Maleantes que permitiron o encerramento e tratamento re-educativo de homosexuais, como recordaron Trinidad Martín, transexual ingresado neste cárcere en 1973 ou Antonio Gutiérrez quen dixo «As feridas non cicatrizan nunca. Estas cousas crávanse no corazón para sempre...».
Daquelas, tamén algúns psiquiatras se especializaron na recuperación de homosexuais con electrochoques incluídos, como ben conta Fernando OLMEDA no libro El látigo y la pluma.

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios