Ver máis noticias   Anterior   Primeira

 

Data:  2003-12-05 Tema:  varios Orixe:  andaina
«Les Femmes Publiques»

Que quere dicir «as mulleres públicas», as que se pensa que se poden atopar nun bar de alterne, na esquina do barrio quente ou nun burdel, aínda que hoxe tamén, igual que a un home público podemos atopar discurseando no Parlamento, nunha Concellería ou nun debate cultural.
En Francia un grupo de mulleres e uns poucos homes tamén, quixeron xuntar as dúas acepcións e facer «Femmes Publiques» en nome dun feminismo distinto, que integre desexo e pracer.
Anne Souyris, xornalista e especialista en cuestións sociais, di que o seu movemento é minoritario e con vocación de seguir séndoo, que está integrado por feministas pro sexo, cansadas do tópico do amor gratuíto confrontado ao amor de pago. Formando parte dunhas inmensas minorías (prostitutas, lesbianas, mulleres, homes, transexuais, gais, hetero...) cansas de compaixón, e que se atreven a recoñecer que todos, dunha maneira ou outra, dun senso ou outros, estamos alienados. A nosa libertade –e as nosas tolerías— conquistarémola xuntos.
O pulo de agruparse venlles do retorno á orde moral que supón o actual Goberno. En cuestión de poucos días o ministro de Interior propuxo unha lei represiva relativa á prostitución; a filósofa Blandine Kriegel presentou un informe reclamando a censura co argumento de protexer aos menores; os pais gais e as nais lesbis víronse expulsados do Consello Superior de Información Sexual. A estes tres feitos engádense as declaracións do primeiro ministro Raffarin ante as mulleres empresarias, exhortándoas a fertilizar as enerxías femininas, así como as de Dominique Perben, ministro de Xustiza, poñendo en dúbida a imparcialidade das maxistradas cando teñen que enxuizar un varón acusado. Todo isto mobilizounas e como insiste Annes Souyris descubrímonos sempre en minoría.
Cando queres defender ás prostitutas, atópaste co feminismo tradicional que é prohibicionista, que estima que as putas están alienadas e son incapaces de decidir por si soas.
Afirman estar cansas da protección a través da prohibición. É dicir que se prohiba a prostitución ou se persiga aos clientes. Todas as relacións de poder e de dominio instáuranse e fabrícanse a través dalgún tipo de coacción. E iso é así, tanto se facemos a rúa coma se somos grafistas, traductoras ou xornalistas; se vendemos o noso sexo ou a nosa forza de traballo. Mais en cada un de nós hai unha capacidade de autonomía que queremos reforzar ¡só se fala de violencia cando se fala de prostitución, ou case, como se as relacións laborais non fosen violentas!

Ver máis noticias   Anterior   Primeira

    Noticias do noso arredor, denuncias, comentos breves para abrir boca...

Ver outros temas:

cultura
ensino
prostitución
saúde
sexualidade
traballo
violencia
varios