Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Áurea Lorenzo Abeijón
  A poeta Áurea Lorenzo Abeijón nace en Beneso, lugar pertencente á parroquia de San Sadurniño de Goiáns, o 28 de xullo de 1904. A súa familia vivía do mar: o seu pai era patrón de pesca e a súa nai atadora de redes. Desde moi cedo Áurea e os seus irmaos vense na obriga de traballar para axudar á feble economía familiar.
Á idade de 18 anos Áurea Lorenzo emigra á Arxentina depois de estudar corte en Porto do Son. En Buenos Aires entra a traballar na casa dun médico, Carlos Sánchez Lloveras, co que máis tarde se unirá en matrimonio. Será el o que anime a Áurea a estudar e a adquirir cultura. A partir dese momento a poeta comezará a escreber e a dar aulas.
Depois de morto o seu home casa cun sobriño deste, Óscar Sánchez Lloveras, con quen voltará a Galiza no ano 1975.
Ao retornar á Arxentina monta na súa casa un colexio no que imparte aulas de inglés, de español e de piano. Continuou con esta actividade docente até os 89 anos. Até a súa morte mantivo vivo o desexo de voltar á Galiza.
Áurea Lorenzo Abeijón publicou dous libros de poemas de forte temática intimista e costumbrista: Queixas (1943), en galego, e Campanas del cielo (1956), en español

Ver outras