Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Artemísia Gentileschi
   Documento sin título

Artemísia Gentileschi (nada en 1593, Roma) é unha das escasas mulleres famosas no mundo da pintura. O seu pai, o pintor Orazio Gentileschi, utilizou-na como modelo de muitos dos seus chegando ela a colaborar en obras del. De facto é Artemísisa a única que sigue os seus pasos, pésie a ter dous irmaos varóns.

Na sua adolescéncia é violada polo pintor Agostino Tassi. Depois dun proceso xudicial, encabezado polo pai de Artemísia para limpar o honor familiar, o violador é condenado a un ano de cárcere. Un mes mais tarde da conclusión do xuizo Orazio Gentileschi obrigará a súa filla a casar. Co seu marido abandona a casa familiar e marcha a Floréncia.

Nas suas obras, que basicamente tratan temas mitolóxicos, predominan as representacións de heroínas femininas: Judit, Maria Magdalena, Minerva, Cleopatra… Foron mecenas seus príncipes da Itália, Franza e a Coroa española e reis como Carlos I de Inglaterra. Os seus cadros poden-se atopar nas principais pinacotecas do mundo, desde o museu do Prado, os Uffici atá o Metropolitan Museum of Art en New York.

Ver outras