| Billie
Holiday nace en 1915 en Baltimore. Sendo unha adolescente consigue
escapar dos círculos de prostituición infantil para se marchar
a cantar a Nova lorque. Antes de comezar a sua carreira discográfica
e tras ser descuberta por John Hammond, comezou a cantar en filmes. Graba o
seu primeiro disco con Benny Goldman en 1933 e dous anos depois debuta no Apollo
Theatre de Harlem. Formará co saxo tenor Lester Young unha das alianzas
musicais mais profundas do jazz. 0 seu timbre áspero e metálico
e a sua liberdade rítmica axustavan-se particularmente co estilo deste
músico. Realizou duas xiras por Europa en 1954 e 1958. En 1956 escreveu
a sua autobiografía Lady Sings the Blues. Entre os seus discos
destacan: Billie's blues, Strange fruit e God bless the child.
A sua vida inicia-se cunha infáncia miserenta e cruel e de maior, os
problemas coas drogas marcaron-na profundamente. As suas exitosas xiras contrapuñan-se
às frecuentes visitas a hospitais e cárceres a medida que se agravava
ese problema. Morreu en 1959 na cidade que viu medrar o seu éxito, Nova
lorque, con 70 centavos nunha conta bancária e 750 dólares atados
às suas pernas. Eis o medo que tivo sempre à pobreza e un costurne
característico dunha adicta ás drogas.
|