Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Camille Claudel
  

A escultora Camille Claudel nace en Fère (Francia) en 1864. É a filla maior dun rexistrador (librepensador) e dunha nai conservadora chea de prexuízos para que o feito de que unha muller se dedicase a esculpir era unha indecencia.

Camille chega a París en 1881, nun momento no que as mulleres tiñan prohibido estudiar na Escola de Belas Artes. Este feito fórzaa a se matricular nunha escola privada. Após de coñecer a Rodin traballa como aprendiza no seu obradoiro.

A súa producción escultórica, belísima, é forte e delicada ao mesmo tempo: O valse, Sakuntala  ou  As bañistas  son obras mestras. Ten moita influencia de Rodin, mais o que non está suficientemente recoñecido, é a influencia que ela tivo nel. Hai esculturas case ideénticas Xoven con herba  de Camille e Galatea de Rodin, esta última dentro do estilo dela, son só un exemplo.

En 1895, aos 29 anos Camille rompe a relación con Rodin, quen só e sen recursos súmese nunha profunda depresión, comezando a destruír todas as súas obras.

En 1915 ingrésana no manicomio de Mont de Verques por orden da súa familia; xa non sairá. Pasa 30 anos encerrada ata morrer un día de 1943

Ver outras