Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Cristina de Pizán
  

Cristina de Pizan nace no ano 1364 en Venécia. Á idade de catro anos traslada-se co seu pai, nomeado embaixador da República veneciana na Franza, á corte de Carlos V de Valois. Este príncipe, que soubo sortear a influéncia dos coengos da Sorbona, rodeara-se de humanistas seglares. Cristina cria-se neste ambiente mentres explora e le os libros da “Bibliothéque Royale”.
Casa aos quince anos cun notário real. Dez anos despois o seu marido falece ficando ela ao coidado dos seus tres fillos. Adica-se profisionalmente ao ofício intelectual para poder manter economicamente a sua família. É a primeira muller en facer isto.
Publica-se a sua obra poética entre os anos 1390 e 1400 (baladas, epístolas...) A partir dese momento e até o ano 1410 escrebe prosa (temas políticos que abordan a ética social do estado: paz civil, ben estar, relixión, xustiza social...).
A sua obra máis coñecida, A cidade das damas, é considerada unha anticipación do feminismo moderno. Neste libro cultiva a poesia, a história e trata distintos temas moralizantes (a violación, a igualdade de sexos, o aceso das mulleres ao coñecimento...). conclue, baseando-se na natureza e na experiéncia feminina, propondo un mundo de mulleres.
Cristina de Pizán falece en Paris no ano 1430.

Ver outras