Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Emilia Pardo Bazán
   Documento sin título Senlleiras
 Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Emilia Pardo Bazán
  

Emilia Pardo Bazán (A Coruña 1851- Madrid, 1921).
De familia aristócrata –Condesa de Pardo Bazán– Emilia éunha nena privilexiada que non quere a educación que se lle imparte negándose a tocar o piano e a tomar lecci?ns de música. Afánase álectura: Shakespeare, Heine, Quevedo, Frei Luis de León, Duque de Rivas, Alfred de Musset, Victor Hugo, Zorrilla, Pai Feixó ... que lle confirma a aptitude da muller “para todo xénero de ciencias e coñecementos sublimes”.

Moi cedo escoita de boca do seu pai :”Mira, miña filla, os homes somos moi egoístas, e se che din algunha vez que hai cousas que poden facer os homes e as mulleres non, di que émentira, porque non pode haber dúas morais para os dous sexos”.

Personalidade complexa. De carácter vitalista, combativo, optimista, emprendedor, combina tradicionalismo e conservadorismo relixioso, a oposición ao “rexionalismo” que pula por se abrir paso na Galiza de entón, e unha auténtica vocación tolerante e liberal. A súa ousada defensa da causa da muller lévaa a superar ao propio liberalismo burgués. Ela mesma di “Eu son unha radical feminista”. Novelista e crítica de primeira orde. Funda a Biblioteca da Muller para difundir en español as obras do feminismo estranxeiro; argumenta nos Congresos Pedagóxicos contra a “non-educación” que receben as nenas proclamándose partidaria da coeducación; pelexa na “Cuestión das Academias” defendendo o dereito das mulleres a ocupar os sillóns, en particular Concepción Arenal.

Foi a primeira muller catedrática, primeira socia de número no Ateneo... Autora, tamén, da primeira novela social española “La Tribuna” de protagonista obreira (Fábrica de Tabacos de A Coruña).

Coa súa propia práctica desafiou a unha sociedade que non toleraba a unha muller “fóra de papel”.

Ver outras

Ver outras