Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Flora Tristán
  

Flora Tistan nace en 1803 en Paris. É a filla ilexítima dun coronel peruano adscrito ao exército español e dunha muller francesa. Contando con catro anos morre o seu pai e, ao non ser recoñecida pola família deste, queda na máis absoluta miséria.

Inicia-se no traballo moi nova nun obradoiro de litografia, casando en 1921 co proprietário. Esa experiéncia será fundamental na conformación do seu pensamento, en especial en relación co matrimónio. Segundo ela baixo esta institución agocharia-se a compra da muller por parte do home e a sua conversión en escrava.

Abandona o seu home estando embarazada do seu terceiro fillo. Volverá á Franza en 1829 depois de vivir durante vários anos na clandestinidade. Será por esa época cando reciba de maneira casual notícias da sua família peruana. En 1835, e depois de seis meses de viaxe, desembarca en Arequipa para reclamar a sua herdanza. Nunca lle recoñecerán os seus direitos.

En 1838 Flora Tristán regresa a Paris totalmente transformada. Comeza a frecuentar círculos intelectuais participando tamén en grupos feministas e socialistas. No seu libro Peregrinacións dun pária defenderá a emancipación da muller e en A unión obreira analizará as formas de organización da clase traballadora de cara á sua liberación.

Flora Tristán, considerada unha das nais do feminismo mundial, vinculou a liberación das mulleres coa do proletariado, advogando pola igualdade iintelectual e profesional de xénero. Morre en 1844 en Burdeos.

Ver outras