Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Françoise Sagan
  

Françoise Sagan (cuxo verdadeiro nome era Quoirez) naceu en Cajare (Franza) o 21 de xuño de 1935. Despois de abandonar o bacharelato, e con só 18 anos, escrebe a sua primeira novela. Bon Jour Tristesse (Bon dia, tristura) . Desta obra vende mais dun millón de exemplares nun ano, iniciando así unha carreira de enorme éxito literario.
Mais alá da sua laboura literaria, Sagan foi unha personaxe polémica adicta ao alcool, amante da velocidadee afeizoada a gastor o muito diñeiro que posuia nos casinos ou mercando os coches desportivos das grandes marcas. Todas esas filias levárona a varias curas de desintoxicación, aun grave accidente de coche e a varias condeas por tráfico de drogas e evasión de impostos, unha delas ao verse implicada no "escándalo Elf".
Os últimos anos da sua vida pasounos Françoise mui enferma e arruinada: tivo que vender a sua casa e ser aloxada polos seus amigos en Paris. Faleceu aos 69 anos, vítima dunha embolia pulmonar, no hospital de Honfleur na costa normanda o 24 de setembro de 2004.
Os temas principais da sua obra son o amor, a tristura e a melancolía. Algunhas das suas novelas son: Un certo sorriso (1956), Gosta de Brahms? (1959), e As marivillosas nubes (1961). No teatro estreouse con Os violins ás veces fan estragos (1961) e O cabalo esvaecido (1966). Escrebeu tamén relatos históricos como Querida Sarah Bernhardt (1985) e unha autobiografia As miñas respostas (1984)

Ver outras