Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Freya Stark
  

Freya Stark  naceu en París no ano 1893. Tivo unha infancia enfermiza, o que lle infundiu un grande desexo de aproveitar a vida. Dedicou as súas longas convalecencias ao estudio do árabe. O 18 de novembro de 1927 embarcou rumbo a Beirut. Desde esta cidade viaxou a Damasco, Xerusalén e O Cairo. O seu entusiasmo polas culturas do Medio Oriente levouna ao estudio do persa, e no ano 1930, saíu con destino a Hamadan na busca da mítica fortaleza de Alamut, sede da secta dos asasinos, da cal tiña mítica a partir dos escritos de Marco Polo. Os seus traballos contribuíron a un mellor coñecemento da zona tan mal representada nos mapas. Tamén viaxou a China e Turquía e percorreu a ruta seguida por Alexandre desde Cania a Cilicia. As súas experiencias recolleunas en numerosos libros. Morre en Asolo (Italia) en 1993

Ver outras