Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Hannah Arendt
  

Hannah Arendt naceu en Hannover no ano 1906 no seo dunha familia xudía. A súa infancia veu marcada por dous feitos que fixeron que esta non fose demasiado feliz: primeiro, a morte do seu pai cando ela tiña sete anos, e segundo, a má relación coas fillas do novo marido da súa nai, a partir do trece anos. O seu ingreso na universidade de Marburgo terá lugar coa idade de dezaoito. Alí serán profesores dela Jaspers e Heidegger. Con este último manterá unha relación que evolucionará ao longo do tempo Desde 1925 a 1930 terá con ele un romance apaixonado, mas en 1933 cando Heidegger ingresa no partido nazi, ela marcha aos Estados Unidos da América, onde foi profesora en varias universidades.

Durante a súa permanencia no país americano, Hanna dedicase a analizar a historia do antisemitismo, momento no que escrebe, As orixes do totalitarismo . Tamén alí coñece en 1936 a un comunista alemán exiliado co que casa. Non volverá a continuar a súa relación con Heidegger ata 1950.

Será a partir de aquí cando Hanna Arendt exerza de defensora do filósofo alemán ante a opinión pública, xustificarao e chegará ata a minimizar o apoio deste ao Terceiro Reich.

En 1975, morre Hanna Arendt, autora de obras como: A condición humana, Sobre a revolución e A crise da república.

 

Ver outras