Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Julia Margaret Cameron
  

Julia Margaret Cameron nasce en Calcuta no ano 1815. A sua andaina no mundo da fotografia iniciará-se depois da sua chegada á Grande Bretaña. Será nese país onde os seus retratos fotográficos a convertirán na primeira muller destacada nesa arte.
Comezou a adicarse á fotografia aos 48 anos de idade de maneira autodidacta. Nun principio retratará aos membros da sua familia e amigos para de seguida adicar-se a facer pasar diante da sua cámara ás personalidades máis relevantes da cultura e a política victoriana.
A sua obra máis importante é a coñecida como Idylls of the King (1874): ilustracións fotográficas do traballo homónimo do seu amigo e poeta Alfred Tennyson adicado á figura do rei Artur. Esta obra será obxecto de admiración, anos depois, de pintores e artistas máis do que por fotógrafos, xa que Margaret centraba a sua atención no plano estético máis que no técnico, tendencia contraria á dos fotógrafos profisionais da época. Na busca da expresión poética achegou-se aos preceptos dos seus amigos os Pre-rafaelitas: perspectivas intimistas, difuminación dos detalles, a importancia da formación relixiosa, a influencia da contemplación pictórica...
O traballo de Margaret Cameron, desenvolvido entre os anos 1863 (cando unha filla lle regala a sua primeira cámara) e 1879 (ano do seu falecemento), abraiou aos fotógrafos da primeira década do século XX (momento no que foi redescuberta), pola sua capacidade artística, psicolóxica e introspectiva nun momento no que a fotografia estaba a dar ainda os seus primeiros pasos.

Ver outras