Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Käthe Kollwitz
   Documento sin título

KÄTE KOLLWITZ (1867-1945)

Nace en Königsber (Alemania) no seno dun entorno familiar culturalmente rico e progresista. A conciencia social forma parte da súa educación: participará dos ideais de xustiza e solidariedade dentro dun ambiente afectivo socialmente comprometido.
Estudia Arte nas escolas de mulleres artistas de Berlín e Munich, converténdose na artista que mellor soubo explicar o humanismo no seu tempo. Consecuentemente dedica a súa obra a unha loita continua pola paz, tinguindo a súa técnica de gravado dunha estética política.

A primeira obra gráfica que realiza son as series A revolta dos tecedores e A guerra dos camponeses. As mulleres que representa non se asemellan en nada as plasmadas por comtemporáneos como Gras ou Dix, que case sempre son prostitutas. Para Käte son persoas que viven con ou sen compañeiro inmersas nunha sociedade inxusta. Mulleres como A negra Ana que incita á rebeldía ante a fame e humillación.

En traballos como Morto en acción escolle á muller proletaria con fillo para pedir a paz. Na serie Guerra reflicte a súa postura pacifista amosando nais protexendo aos fillos. Dedícase tamén ao cartilismo: sobre pacifismo, socialísmo ou feminismo.

Ver outras