Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
María Casares Quiroga
  

María Casares naceu un día de 1922 en Montrove (A Coruña). Aos nove anos o seu pai, Santiago Casares Quiroga (quen máis tarde ocuparía a xefatura do goberno con Azaña), é ministro en sucesivas ocasións. Na capital do Estado, a rapaza , estudia no “Instituto Escola” da Institución libre de Enseñanza.

Un 20 de Novembro de 1936, a súa nai e máis ela, vense obrigadas por mor da guerra civil, a se instalar en París. Na capital gala Maía asiste ao Liceo Victor-Duruy para estranxeiros e ao Conservatorio Nacional de Arte Dramática. O seu debute prodúcese ao dezaoito anos participando como protagonista na obra Deidre das dores de Singe, dous anos despois estrea  O malentendido, de Camus. É precisamente este autor unha personaxe clave na súa vida e na súa carreira.

Pertenceu á Comedia Francesa (1952-54), máis tivo que abandonala por non ter a nacionalidade francesa ao se negar a renunciar á española. A súa carreira foi meteórica, traballando con autores como Sartre, e Cocteau entre outros, que lle ofrecían as súas obras. Colaborou ademais cos mellores directores de teatro e cinema, participando nos festivais máis importantes do mundo.

Ao Estado Español volveu no ano 1976 coa obra El adefesio de Alberti. En 1980 publica a súa biografía Residente privilegiada que dedica ás persoas desprazadas.

En Novembro de 1996 na súa casa de campo de “Lavergne” morre, falando francés con acento galego, que como ela mesma dicía non conseguiu quitar.

Ver outras