Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Marķa Miramontes
  

María Miramontes Mato naceu en Guísamo (A Coruña) o 6 de abril de 1895. Aos 11 anos comezou a traballar nun dos varios obradoiros de costura da Coruña. De nova era xa unha activa participante dos núcleos republicanos femininos da cidade.
Foi militante activa da Irmandade da Fala da Coruña. No mundo nacionalista coñecería ao seu home, o editor Ánxel Casal. O 25 de setembro de 1920 casou con el e entre os dous estabeleceron unha das primeiras tendas de venda de tecidos por retallos que existiu na cidade herculina.
En 1931 trasládase a Compostela, onde Casal monta unha imprenta no número 20 da rúa das Hortas. Ela contribuía co seu oficio de modista a financiar o labor editorial, que dous anos máis tarde realizaríase no número 15 da rúa do Vilar, nun local que chegaría a ser emblemático para o galegismo.
Após o golpe militar fascista e o asasinato do seu marido (alcalde de Santiago naquela altura), embarca para Bos Aires en novembro de 1936. En Arxentina retoma o seu oficio de modista e mantén moita relación coa familia Seoane.

María morre o 17 de setembro de 1964..

 


Ver outras