María
Miramontes Mato naceu en Guísamo (A Coruña) o 6 de abril de 1895.
Aos 11 anos comezou a traballar nun dos varios obradoiros de costura da Coruña.
De nova era xa unha activa participante dos núcleos republicanos femininos
da cidade.
Foi militante activa da Irmandade da Fala da Coruña. No mundo nacionalista
coñecería ao seu home, o editor Ánxel Casal. O 25 de setembro
de 1920 casou con el e entre os dous estabeleceron unha das primeiras tendas
de venda de tecidos por retallos que existiu na cidade herculina.
En 1931 trasládase a Compostela, onde Casal monta unha imprenta no número
20 da rúa das Hortas. Ela contribuía co seu oficio de modista
a financiar o labor editorial, que dous anos máis tarde realizaríase
no número 15 da rúa do Vilar, nun local que chegaría a
ser emblemático para o galegismo.
Após o golpe militar fascista e o asasinato do seu marido (alcalde de
Santiago naquela altura), embarca para Bos Aires en novembro de 1936. En Arxentina
retoma o seu oficio de modista e mantén moita relación coa familia
Seoane.
María morre o 17 de setembro de 1964..
|