Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Patricia Highsmith
  
  

Patricia Highsmith nace en Fort Worth (Texas) en 1921. Aos seis anos trasladase cos seus país a Nova Iorque, durante os últimos cursos do Barnard  College dirixe a revista universitaria. Aos 28 anos publica a súa primeira novela policiaca Estraños nun Tren (1949) levada o cine por Hitchcock.

Despois comezou a publicar a serie do personaxe Ripley: A pleno sol, A careta de Ripley, O amigo americano, Tras os pasos de Ripley. Algunhas levadas tamén ao cine por René Clément e Win Wenders.

É unha das máis importantes escritoras policiacas. Nas súas obras describe un entorno cotián, mais o mesmo tempo ameazante cuns personaxes de moral moi ambigua dispostos ao asasinato do primeiro que se cruce no seu camiño.

No seu libro Pequenos contos misóxinos burlase cruelmente dalgúns prototipos de muller (claro que os homes que aparecen non quedan mellor parados). Utiliza o seu humor descarnado para nos amosar a hipocrisía, astucia, egoísmo e estupidez do xénero humano.

Pasou O final da súa vida na Francia, dedicada á carpenta, xardinería, escultura e pintura, morre nese país en 1995.

Ver outras