Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Pilar Castillo Sánchez
  

Pilar Castillo Sánchez nace na Coruña en 1895. Xa dende moi nova sente inclinación pola música chegando a ser unha xenial pianista ademais de ser unha notábel concertista de violín.

Aos dezasete anos actua en París. O crítico de Le Monde dixo dela : " Acabamos de escoitar a unha xoven dun talento pianístico extraordinário. É raro a esta idade tal forza, virtuosismo, técnica e musicalidade".

Un dos seus concertos máis celebrados tivo lugar no Ateneo de Madrid en 1912, onde interpretou oito obras de Liset, algunhas moi dificultosas.

Tivo, tamén, grandes éxitos en concertos celebrados en Niza e na Sociedade Filarmónica de Bilbao con obras de Liset, Beetowen, Schumam e Chopín.

Foi autora de Algunha melodias galegas. Compuxo a nana Durme (voz e piano) e musicou unha muiñeira (Maruxiña) que leva letra de Pondal.

Ver outras