| Nome |
Pilar Miró Romero |
|
En 1982, unha vez chega ao poder o PSOE, é nomeada Directora Xeral de Cinematografia. Dimitirá deste cargo en xaneiro de 1986 despois de pór en práctica a sua política de subvencións anticipadas, semellante ao modelo francés “Avance sur recette”, coñecida como a Lei Miró (as subvencións entregaban-se antes da realización do filme). Os seus sucesores desmantelaron esta política en tan só dez anos. Pilar Miró será directora de RTVE entre 1986 e 1989 (segundo algunhas voces, a mellor época da cadea pública). Da rtve marchará debido a un escándalo relacionado co seu vestiário. Ao parecer este caso de suposta corrupción era máis ben unha vinganza política. A crítica considera que o seu mellor traballo é Beltenebrós (1991), baseada na novela homónima de Antonio Muñoz Molina. Con este filme gañará un Oso de Prata no Festival de Berlin. Segundo a crítica detrás dunha trama policíaca agocharia-se un persoal axuste de contas tanto coa política como co PSOE. Miró dirixirá tamén, con regularidade, teatro, sobre todo clásico, ópera e algunhas retransmisións especiais de televisión. Pilar Miró falece en Madrid no ano 1997. |
|