Un apartado para lembrar a mulleres senlleiras
Nome
Susan Sontag
   Documento sin título
Susan Sontag nace en New York no ano 1933 aínda que medra entre Tucson e Los Angeles. En 1951 licénciase na Universidade de Chicago depois de pasar pola Universidade de Berkeley. Aos 17 anos casa co sociólogo Philip Rieff e traslada a súa residencia a Boston, onde cursa estudos de posgrao de literatura e filosofía. Culminará a súa aprendizaxe universitaria en Europa (en Oxford e na Sorbona).
En 1968 vai como xornalista a Vietnam durante a guerra, as vivencias neste período marcarana profundamente.
Foi unha muller curiosa e interdisciplinaria: escribe novelas e ensaios e dirixe teatro e cinema. Algunhas das súas obras son: O benefactor, En América (novelas), A enfermidade e as súas metáforas, Sobre a fotografía (ensaios).
Feminista e muller comprometida, implicouse activamente na loita contra as intervencións do seu país no Vietnam e no Iraque, así como no conflicto dos Balcáns. Depois do atentado contra as Twin Towers foi brutalmente atacada polo establishment estadounidense por analisar as causas do acontecido desde unha perspectiva crítica coa actuación dos EE. UU. no mundo, ante a dureza das críticas ela remata pedindo desculpas. A pesar do cancro que a destruía non deixou de escribir sobre temas polémicos: o seu último artigo publicado no The New York Times Magazine reflexionaba sobre as fotos das torturas de Abu Ghraib.
Os quince derradeiros anos da súa vida pasounos ao lado da fotógrafa Annie Leibovitz.
Susan Sontag morre no ano 2004 e os seus restos descansan nun cemiterio de París.

Ver outras