| Nome |
Victoria Ocampo |
|
O seu primeiro libro, un estudo sobre a Divina Comedia de Dante Alighieri, publicouno aos 33 anos. Victoria funda e financia cos seus propios fundos a revista Sur, cabeceira desde a que grandes personalidades da época se vinculaban á Arxentina e que deu coñecer a autores como Jorge Luis Borges, Juan Rulfo, Adolfo Bioy Casares ou Ernesto Sábato. Por aquel entón conertiuse na anfitriona de grandes persoeiros do ámbito cultural internacional (Ortega e Gasset, Rabindranath Tagore, André Malraux, Albert Camus... ) En 1953 estivo en prisión pola sua aberta oposicion ao goberno de Juan Domingo Perón. En 1967 convírtese en doutora honoris causa pola Universidade de Harvard. En 1976, baixo a dictadura militar do xeneral Videla, é nomeada membro da Academia Arxentina de Letras, convertíndose na primeira muller en ocupar ese lugar. En novembro de 1977 a xunta militar convoca ao Dialogo das Culturas organizado pola UNESCO, é entón cando Victoria concreta a doazón de "Villa Ocampo" (sede do encontro) ao organismo internacional. Victoria Ocampo morre en San Isidro o 27 de xaneiro de 1979 |
|