Unha axenda máis na rede dixital de mulleres...

Citas :

data: 2011-05-27 Documento sin título
III ENCONTRO NACIONAL DE MULLERES 2011


DATAS: 27 e 28 DE MAIO (Pódese asistir só o sábado)
LUGAR: RESIDENCIA DE TEMPO LIBRE DE PANXÓN
+ INFO NOS TELÉFONOS 986 22 23 28 /// 606 92 91 37

Todas as actividades de encontro son gratuitas.

Prazas limitadas, cubriranse por orden de inscrición.

A Rede traballa en Galiza dende fai máis de 12 anos para acadar a igualdade, combatindo as consecuencias da violencia de xénero. E dende fai tres anos iniciamos estes encontros co fin de manter o contacto entre as asociacións de mulleres, co obxetivo de abrir novos camiños de interrelación e colaboración e fortalecer os xa existentes. Para elo celebramos de novo este encontro, co fin de formarmos, pero tamén de establecer relacións de axuda mutua e fortalecer redes de traballo.

Quremos convidar á participación de todas as mulleres que o desexen, pero máis específicamente ás mulleres que participan no movemento asociativo.

As interesadas podedes anotarvos no local da Rede, en horario de 10:00-13:30 e 17:30 a 20:30 ou nos nosos teléfonos 986 22 23 28 / 670 45 34 31. A data límite para anotarse é o día 19 de maio. As mulleres que non poidan quedar en Panxón a pasar a noite, deben avisalo no momento da inscrición.

Agardamos contar coa vosa presenza. Recibide un saúdo.

Rosa Fontaíña Pazos

Coordinadora-voceira da Rede

Rosario Otero Rodríguez

Presidenta da Rede

INFORMACIÓN DO ENCONTRO

VENRES 27

16:00: Chegada a Panxón

18:30: Inauguración do Encontro

19:00: Presentación do Encontro e dos colectivos participantes

20:30: Cea

SÁBADO 28

10:00 Presentación

10:30 Relatora: Paula Rios Curbeira

“O feminismo na galiza: presente e retos de futuro.”

*Posuidora do Mestrado en Axente de igualdade de oportunidades para Mulleres, realizando diferentes cursos do Instituto da muller. Ten elaborado diferentes proxectos e unidades didácticas no campo da coeducación e participa activamente no movemento feminista na Galiza.

11:30 Debate

12:00 Descanso

12:15 Relatora: Sonia Vaccaro

“O pretendido síndrome de alienacion parental:

outra forma de violencia de xénero”

*Psicóloga experta en Victimoloxía e Violencia de Xénero. Integrou o Grupo de Traballo de Investigación sobre a suposta Síndrome de Alienación Parental que se constituíu por acordo do Pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller. Actualmente traballa para a Comisión de Investigación de Malos Tratos a Mulleres (CIMTM).

13:15 Debate e preparación dos grupos para os obradoiros.

14:00 Xantar

16:00 Obradoiros e Grupos de discusión. Temáticas:

. Saúde afectivo-sexual.

. Violencia de xénero.

. Feminismos.

. autoestima

. etc...

19:00 Peche e clausura do Encontro.

______________

organiza: REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO

subvenciona: SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

 convoca:

REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO

 

data: 2011-03-21 Documento sin título II Xornadas sobre Información e Xénero
ÁMBITOS DE
ESPECIALIZACIÓN

LUNS, 21 DE MARZO
16.00 h.- 16.30 h. Presentación
16.30 h.-18.30 h. O sistema sexo-xénero.
Rocío Fraga. Fundación Mujeres
18.30 h-19.15 h. Descanso
19.15 h.-21.30 h. Introdución ás teorías feministas.
Milagros Lores (Universidade de Vigo)


MARTES, 22 DE MARZO
16.00 h. -18.00 h. Claves para a elaboración dunha información
non sexista. Ana Belén Puñal (grupo de investigación CIDACOM.
Universidade de Santiago)
18.15 h.- 19.45 h. A necesidade da especialización dende a
perspectiva de xénero. Teresa Vera (Universidade de Málaga)
20.00 h- 21.30. As mulleres como fontes expertas.
Jorge García Marín (Universidade de Santiago)


MÉRCORES, 23 DE MARZO
16.00 h-17.00h. A abordaxe da violencia machista dende a
especialización xornalística. Ana Belén Puñal. Grupo CIDACOM
(Universidade de Santiago)
17.00.h.-17.30 h. Descanso.
17.30 h- 20.30 h. A política dende a perspectiva de xénero.
-Políticas públicas.
Rosa Cobo (Universidade da Coruña)
-As políticas do movemento feminista en Galicia.
Mónica Bar Cendón (Feministas Independentes Galegas)
-Política, mulleres e medios de comunicación.
Carme Adán (deputada do Parlamento de Galicia)
20.30.h.-21.30 h. A xustiza social dende a perspectiva de xénero.
Lorena Arévalo (Implicadas no Desenvolvemento)


XOVES, 24 DE MARZO
16.00 h.-17.00 h. A saúde dende a perspectiva de xénero.
Lola Ferreiro (Grupo Lúa Crecente)
17.00 h- 18.00 h. O medio ambiente dende a perspectiva de xénero.
María Xosé Agra (Universidade de Santiago)
18.00 h.-18.30 h. Descanso
18.30 h.-19.30 h. As novas tecnoloxías dende a perspectiva de
xénero. Luz Castro (Cluster TIC)
19.30 h.-21. 30 h. A economía dende a perspectiva de xénero.
Coral del Río (Universidade de Vigo)


VENRES, 25 DE MARZO
16.00 h-17.45 h. A educación dende a perspectiva de xénero.
María Lameiras (Universidade de Vigo)
17.45 h.-18. 00 h. Descanso
18.00 h-19.45 h. A cultura dende a perspectiva de xénero.
Carmen Blanco (Universidade de Santiago)
19.45 h.-20.00 h. Descanso
20.00 h.- 21.00 h. O deporte dende a perspectiva de xénero.
María Ángeles Fernández Villarino (Universidade de Vigo)
21.00 h.- 21.30 h. Clausura


Un crédito de libre configuración para alumnado da USC. Concedido
por resolución reitoral 2011/27 con data do 11 de febreiro de
2001.Para iso, deberán elaborar un traballo final equivalente a 7
horas non presenciais.


· Inscrición: Do 16 de febreiro ao 10 de marzo. Enviar os datos
persoais (nome e apelidos, DNI, estudos ou profesión e teléfono
de contacto) a anabelen.rama@rai.usc.es
· Pago de matrícula: Do 11 ao 18 de marzo
· Ingreso na conta 0049 2584 90 2214002210
(Banco Santander Central Hispano)


Dirixen:
Luís Álvarez Pousa, profesor de Xornalismo Especializado
na Facultade de Ciencias da Comunicación (USC)
Ana Belén Puñal Rama, investigadora do grupo CIDACOM
(Cidadanía e Comunicación) da USC
Secretaría de Organización:
Paulo Carlos López López, investigador do grupo CIDACOM

 convoca:

 Grupo de InvestIgación Cidadanía e Comunicación

 

 

 

Ver se hai máis citas
Anterior
Ver se hai máis convocatorias
Anterior