| Data: 2007-06-01 | Tema: prostitución | Orixe: andaina 46 |
| MANIFESTO GRUPO ESTUDOS DE POLÍTICA CRIMINAL
1. É unha realidade constatada no noso país que miles de adultos prestan voluntariamente servizos sexuais remunerados. É preciso que as autoridades non desprecen este feito, para a comprobación do cal ha de propiciarse un método de coñecemento razoable fuxindo das aproximacións morais, que nin sequera son hoxe socialmente maioritarias e que tentan simplificar un fenómeno complexo e diverso. Tampouco pode descoñecerse que, aínda sendo as devanditas persoas maioritariamente mulleres, hai moitos homes e transexuais que se dedican á prestación de servizos de carácter sexual. O debate, xa que logo, non pode ser monopolizado por un discurso en clave de xénero. 2. A represión de todas as actividades relacionadas coa prostitución deu un balance histórico que só pode ser cualificado de lamentable pois, en lugar de erradicar o fenómeno ?como pretendía?, acochouno provocando unha serie de efectos perniciosos tales coma o estigma, o illamento e a indefensión das persoas que a exercen ás que se sitúa en condicións de máxima vulnerabilidade. 3. A ninguén se lle oculta a hipocrisía que supón poñer atrancos á regulación da prestación voluntaria de servizos sexuais e permitir pola contra que a oferta deses mesmos servizos xere cuantiosos ingresos por publicidade aos medios de comunicación que a anuncian, fomentando ao mesmo tempo unha actividade económica somerxida e descontrolada que prexudica a todos. 4. Por outra banda, debe recoñecerse que a situación de non legalidade en que se atopa quen exerce a prostitución en condicións de non recoñecemento favorece a súa explotación por parte dos empresarios que non se cren obrigados a respectar os seus dereitos sociais e laborais básicos, despoxándoos de calquera clase de responsabilidade legal. É sabido, ademais, que a persecución da contorna da prostitución libremente exercida e de quen se lucra con ela, prexudica a necesaria transparencia dese mercado favorecendo a proliferación de organizacións delituosas dedicadas á trata de persoas, na medida en que fomenta o carácter clandestino destas actividades e non motiva a denuncia da vítima. Isto sen prexuízo do noso convencemento da necesidade de loitar, de maneira decidida e eficaz, contra calquera forma de actividade sexual forzada. Á vista das recentes conclusións expresadas pola Comisión
Mixta dos Dereitos da Muller do Congreso dos Deputados, este Grupo non pode
máis ca mostrar o seu rexeitamento ante a posición de quen, dende
a posición dun Estado que se autocualifica de social, acorda negar a
cidadanía laboral ás persoas que exercen a prostitución
impedindo o recoñecemento da súa existencia como suxeitos de dereitos.
O recoñecemento da dignidade humana como valor supremo recollido na nosa
Constitución esixe o respecto á vontade de quen, sendo maior de
idade, decide prestar servizos remunerados de carácter sexual. Negar
de cheo a posibilidade de que esa opción sexa válida constitúe
un tratamento paternalista da muller (e do home) como persoas incapaces de tomar
decisións adultas. Supón relegalas, sen ningunha lexitimidade,
á condición de infrasuxeitos. Esta é unha responsabilidade
moi grave que unha política criminal democrática non debería
asumir. |
||
| Data: 2007-02-25 | Tema: prostitución | Orixe: colectivo hetaria |
|
1. Que lamentamos profundamente tales conclusións xa que deixan totalmente desprotexidas as mulleres que exercen a prostitución e reafirman a vulneración de dereitos a que hoxe están sometidas. 2. Que, tal e como manifestamos reiteradamente as Asociacións que temos coñecemento directo do tema, a loita eficaz contra a trata de mulleres con fins do comercio sexual só é posíbel se se diferencia claramente a prostitución voluntaria, que debe ser recoñecida legalmente, da prostitución forzada que debe ser perseguida. Así tamén se recoñece no Informe da Unidade Técnica de Policía Xudicial da Garda Civil elaborado en 2004. 3. Que as conclusións ás que chegou a Comisión están altamente prexuizadas e ideoloxizadas e non teñen en conta a realidade concreta das persoas traballadoras do sexo. Derramáronse os cartos públicos e o tempo de todas as persoas que pasaron pola Comisión para intentar xustificar unhas conclusións que estaban tomadas antes de que a Comisión empezase os seus traballos así o demostran as declaracións dos membros do PSOE e do PP cando se constituíu a Comisión que coinciden ao cento por cento co que foi aprobado. 4. Sorpréndenos a terxiversación que se fai dos artigos 9 e 14 da Constitución para negar a consideración da prostitución como un traballo, cando eses mesmos artigos serven para recomendar xustamente o contrario: a necesidade de que se acabe coa discriminación que sofre este sector de traballadoras polo feito de ofrecer servizos de carácter sexual. A ideoloxía discriminatoria que xulga as mulleres en función do seu comportamento sexual segue presente nas conclusións da Comisión. 5. Preocúpanos especialmente que un sector do feminismo en nome da dignidade das mulleres en abstracto negue a dignidade das mulleres que queren seguir exercendo voluntariamente a prostitución, invisibilizándoas e desconsiderando os seus dereitos como traballadoras. Nisto non está de máis lembrar que neste país tivemos unha lexislación abolicionista baixo o franquismo e que a Lei, que se promulgou en 1956 para erradicar a prostitución aludía no seu preámbulo á dignidade das mulleres. 6. Desde Hetaira esperamos que o sentido común prevaleza e reiteramos a nosa vontade de seguir loitando para que se garantan os dereitos de todas as persoas que exercen a prostitución. Neste camiño parécenos fundamental o recoñecemento da prostitución como un traballo que tamén é exercido de xeito voluntario e en consecuencia o recoñecemento de dereitos que se derivan diso.
|
||
| Data: 2006-03-01 | Tema: prostitucion | Orixe: Colectivo Hetaria |
|
Diante das declaracións do Goberno sobre a proposta da Generalitat de Cataluña de regulamentar a prostitución, o colectivo en Defensa dos Dereitos das Prostitutas Hetaira, quere manifestar: 1.- O informe do Instituto de la Mujer sobre a prostitución está elaborado desde unha perspectiva abolicionista chea de moralina e que contribúe a seguir estigmatizando as mulleres que exercen a prostitución por decisión propia ao reducilas a «unha mercadoría que se pode comprar, vender, alugar e explotar sexualmente con total liberdade», ou formulando que «son despoxadas da súa condición de persoa, reducíndoas a mero obxecto de pracer para o cliente». Estes tipos de consideracións negan calquera capacidade de decisión e negociación das traballadoras do sexo sobre a súa actividade, considerándoas menores de idade que deben ser protexidas aínda que non queiran. 2.- Así mesmo, resúltanos sorprendente a súa crítica aos intentos que a lei que está elaborando a Conselleira de Interior da Generalitat fai de recortar as longas xornadas de traballo de moitas prostitutas nos clubs. Unha iniciativa interesante dadas as condicións de traballo que moitas mulleres teñen nos locais de alterne. Negar que existen estas situacións deixa as traballadoras en mans dos empresarios sen ningún dereito ao que acollerse para ter unhas condicións de traballo semellantes ás doutros traballadores. 3.- A crítica que se fai á proposta da lei catalá sobre as inmigrantes que exercen a prostitución é dunha demagoxia indignante. O problema non é que se isto se aprobase sería un reclamo para o exercicio da prostitución, senón o contrario: existen moitas mulleres que teñen medios para vivir no noso país exercendo o traballo sexual, mais que non poden obter os seus papeis porque este non é recoñecido como unha actividade lícita e legal. Que o Goberno asuma sen máis as posicións do informe elaborado
polo Instituto de la Mujer preocúpanos enormemente porque implica facerse
eco das ideas máis rancias, moralistas e patriarcais. E faino da peor
forma posíbel, desde posicións «supostamente» feministas,
que castigan á desprotección máis absoluta un importante
número de mulleres. Non é ese o feminismo que desexamos, que xulga
e desestima a palabra das prostitutas, invalidando as súas opinións.
Non é o feminismo que busca a solidariedade «entre todas as mulleres».
Así mesmo pechar os ollos ante as discriminacións que hoxe sofren
un número importante de mulleres que exercen o traballo sexual, é
colaborar a que estas discriminacións se sigan producindo. |
||
| Data: 0000-00-00 | Tema: prostitución | Orixe: andaina |
| sen máis noticias deste tema, procura outro | ||

Ver outros temas:
| cultura |
| ensino |
| prostitución |
| saúde |
| sexualidade |
| traballo |
| violencia |
| varios |